CRTVG

Buscar

Reabren pubs e discotecas, coa mirada posta na seguridade

Publicado o 03/07/2020 13:22

As discotecas ultiman os preparativos para reabrir esta primeira fin de semana de xullo. Algúns locais decidiron instalar un sistema de desinfección que estiriliza o aire e evitar así a posibilidade de contaxios dentro e fóra da pista de baile. 

A pandemia baleirou tamén as discotecas de toda Galicia e agora prepáranse para unha reapertura que será moi diferente.

Para combatelo, algúns locais optaron por un sistema de plasma frío, semellante ao que se emprega nos quirófanos e que estiriliza o aire.

Un desembolso importante para os locais que terán moito máis difícil garantir o distanciamento social.

En calquera caso, haberá que agardar tempo para que as discotecas recuperen a imaxe dos veráns de antes da pandemia.

Noticias web

03/07/2020