CRTVG

Buscar

Reabren parcialmente os pasos fronteirizos de Arbo e Baltar

Publicado o 15/02/2021 16:53

Primeiro día de apertura de dous novos pasos fronteirizos: o de Arbo-Melgaço, en Pontevedra e o de Baltar -Montealegre, na provincia de Ourense. Unha apertura desexada pero, ollo, é parcial: de 06:00 a 09:00 da mañá e de 5 a oito da tarde. En Arbo , máis de un tivo que dar a volta por chegar tarde.

A este horario de tres horas pola mañá e tres horas pola tarde súmase o paso de Salvaterra do Miño, que ata o de agora só abría dúas horas. Polos tres novos puntos só se poderá circular por causa xustificada. Esta apertura de 6 horas é insuficiente tanto para comerciantes como para os rexedores dos concellos da zona. Denuncian as voltas que moitos teñen que dar para ir ao traballo e piden compensacións económicas.

A solución que estes alcaldes da raia propoñen é a apertura total de todos os pasos fronteirizos con controis efectiovos e seguros para que se cumpran as normas covid. A día de hoxe só dous pasos están abertos as 24 horas, o de Verín - Chaves e Tui - Valença do Minho.

Noticias web

15/02/2021