CRTVG

Buscar

Reabren os salóns de peiteado para mascotas coas mesmas restricións

Publicado o 14/05/2020 14:34

Os animais tamén avanzan na súa particular desescalada. Dende esta semana xa se poden levar as mascotas aos centros de atención hixiénica. Cans e gatos tamén precisan coidados que non se lles puideron dar en case dous meses.

Igual que o resto de sectores, estes centros gardan estritas medidas de seguridade na atención ás mascotas.

Lembran tamén a importancia do cepillado diario dos animais e, nos paseos, da mantenza das distancias de seguridade co resto de paseantes.

Noticias web

14/05/2020