CRTVG

Buscar

Reabren os dous sentidos do tráfico da N-120 ao seu paso por Velle, en Ourense

Publicado o 18/06/2020 21:25

Desde hoxe xa se pode circular con normalidade nos dous sentidos da estrada N-120, no punto quilométrico 563, ao seu paso pola parroquia de Velle, no concello de Ourense.

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana informa de que remataron os traballos de reparación dun noiro adxacente á vía, e xa se retiraron os semáforos que regulaban o tránsito desde que se producira un desprendemento, o pasado mes de novembro, que inhabilitou un dos carrís.

As obras de reparación tiveron un custo de 2,5 millóns de euros.