CRTVG

Buscar

Reabren os 142 parques infantís de Vigo con medidas de seguridade e de hixiene

Publicado o 20/06/2020 14:16

Cando se xunta o verán coa gana de xogar. Vaia día de festa para os pequenos da casa. O sol acompaña o cambio de estación, as vacacións escolares están acabadas de estrear e, por fin, caen os precintos dos 142 parques infantís de Vigo. Unha suma de factores infalibles.

Sete vixiantes reforzan o labor da Policía Local de velar porque non se supere a ocupación máxima nas instalacións, que se desinfectarán acotío logo da hora do peche.

A seguinte quenda será a das áreas biosaudables e, por último, reabrirán as pistas deportivas ao aire libre.

Noticias web

20/06/2020