CRTVG

Buscar

Reabren este mércores os albergues de peregrinos e a catedral de Santiago

Publicado o 30/06/2020 20:49

Despois de meses pechados, este mércores volven abrir a catedral de Santiago, a Oficina de Acollida ao Peregrino e 28 albergues. A idea é ir recuperando a normalidade no Camiño de Santiago. Aínda que está claro que este non vai ser un ano coma os outros.  

A estas alturas apenas uns poucos grupos illados de peregrinos están en ruta. A catedral abrirá de 9 da mañá a 7 da tarde.  As misas serán ás sete e media cun límite de 75 persoas. E a tradicional misa das 12 será no Centro de Acollida ao Peregrino.

Xa está todo preparado para que albergues como o de Pontevedra reabran as súas portas para acoller os pergrinos. Será de xeito gradual e con novos protocolos. Haberá medidas reforzadas de hixiene e reducion de ocupación co obxcetivo de garantir unha peregrinación segura

Por iso ningun peregrino poderá acceder con síntomas de coronavirus. A toma de febre, a desinfección e illamento das súas mochilas e zapatos formarán parte dende mañá da nova normalidade dos albergues

Non haberá enxoval compartido nin se poderá empregar a cociña. Todo para garantir a seguridade dos peregrinos, dos voluntarios e dos traballadores dos albergues

Dende mañá unha trintena de alberges xa darán hospedaxe aos que buscan no Camiño a liberdade, o ben máis prezado nos últimos tempos 

Noticias web

30/06/2020