As escolas reabren desde hoxe en Alemaña
Publicado o 04/05/2020 08:48
En Alemaña, hoxe volven abrir os colexios despois das semanas de restricións pola COVID-19.
A medida non é de aplicación en todo o país. En Baviera, onde a porcentaxe de persoas infectadas polo coronavirus é máis alta, mantense o peche e só seguirá habendo clase para os alumnos que remantan o ciclo superior da escola media.