CRTVG

Buscar

Reabren as piscinas cubertas en Lugo con cita previa

Publicado o 03/06/2020 16:39

Con cita previa, un único usuario por rúa de piscina e estritas medidas de hixiene. Así reabren hoxe algunhas piscinas municipais cubertas en Lugo.

Os baños volven ás piscinas de Lugo, de momento por vía telefónica. É obrigado pedir cita por teléfono dun día para outro para recuperar os mergullos. O protocolo instalado en Lugo permite un só nadador por rúa. Os baños son case personalizados.

Entre os bañistas que saen e os que entran, todos con cita, hai limpeza e desinfección. As duchas non se poden usar, só os vestiarios.

Os nadadores de clubs federados contan que recuperan os adestramentos na auga con moitas ganas.

O uso das piscinas despois da COVID-19, de momento, serán co mínimo contacto entre bañistas e o máximo control da hixiene dentro e fóra da auga.

 

 

Noticias web

03/06/2020