CRTVG

Buscar

Reabren ao baño as praias de Vilagarcía

Publicado o 24/08/2019 14:41

A auga das praias da Concha e de Compostela loce transparente esta mañá e a bandeira xa ondea verde na caseta de Proteción Civil anunciando que non hai risco para os bañistas.A alarma xa pasou logo de que a mancha marela que cubríu a praia durante toda a tarde de onte se diluise. Non cheiraba nin manchaba. Todo apunta que se trataba dunha afloración de algas pola brusca suba das temperaturas, tal e como se pode ver na decantación nesta botella.

Malia a alarma, e a prohibición de se bañar coa praia chea na calorosa tarde de onte, hoxe a praia volveu á normalidade, aínda que eran moitos os que se achegaban á caseta dos socorristas para preguntar se a prohibición estaba vixente.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/08/2019