Reabren 28 albergues públicos de peregrinos con limitacións de ocupación
O límite na afluencia de usuarios, de ocupación de peregrinos, é unha das novidades que deixa, de momento facer o Camiño poscoronavirus. Este albergue, en Mesía, ten capacidade para 22 personas, pero reabre hoxe cun máximo de ocupación de seis. De momento, acolle tres peregrinos. Tres diáconos que esperan ordenarse sacerdotes en outubro.
Clemens, polaco, e César, do Paraguai, cóntannos que levan dez anos vivindo en Granada. Son diáconos. Ían ordenarse sacerdotes en maio, pero o coronavirus adiou a cita ata outubro. Percorrerán o Camiño desde Ferrol a Santiago. Contan que atopar os albergues pechados dificultoulles en parte o percorrido.
Desde hoxe, algo menos da metade dos albergues públicos están abertos. Con límite máximo de usuarios. Camas máis distanciadas, cociñas pechadas e límite de ocupación, de momento. Pero os albergues, os públicos e os privados, están a punto por se a chegada de peregrinos fose masiva e tivesen que abrir. De momento, van chegando camiñantes, pero poucos.