Reabre o paso transfronteirizo de Tourem, entre Calvos de Randín e Montealegre
O paso de Tourem entre Calvos de Randín e Montealegre levaba dous meses e medio pechado.
A partir de hoxe, aínda que con restriccións, cambian as cousas para os seus veciños a ambos lados da Raia.
Pero a Raia non separa os lazos económicos, nin os sociais, nin culturais. Por iso noutras zonas de Galicia e Portugal reclaman recuperar esa mobilidade entre ambos países canto antes. É o caso de Baltar, de Valença, ou a localidade de Tui. Aquí despois de semanas de restriccións piden a reapertura dun segundo paso fronteirizo. Queren así recuperar a súa actividade e evitar ter que cubrir grandes distancias ante a falta de pasos abertos a ambos lados da raia.
Actualmente está permitido o paso de mercadorías e o desprazamento dos traballadores transfronteirizos entre España e Portugal. Pero só por Tui, Tourem ou a fronteira de Verín e Chaves.