CRTVG

Buscar

Reabre o Museo do Ferrocarril de Monforte tras un ano pechado pola pandemia

Publicado o 03/07/2021 16:02

O museo do Ferrocarril de Monforte reabriu hoxe despois dun ano pechado pola pandemia.
Nas vías de entrada ao recinto exponse a locomotora de vapor Mikado 141 a toda a súa presión, respondendo así ás peticións que varios afeccionados lle trasmitiran á dirección do museo.

O evento de reapertura contou coa presenza de recreadores da asociación The Royal Green Jackets vestidos de soldados americanos. Tamén estiveron dúas xoias históricas do mundo do motor da Asociación de Coches Clásicos Terras do Incio.

Noticias web

03/07/2021