CRTVG

Buscar

Volve o Centro Dramático Galego

Publicado o 03/07/2020 21:37

Que non nos despiste non ver xente. O cartel pendurado na parede do Salón Teatro en Compostela ten data para o sábado e o domingo. Nunca lle tardou tanto ao Centro Dramático Galego volver respirar. Faino cos folgos e o alento da compañía Verdeveras. Cunha muller que se fai preguntas en 'Crónica dunha heterosexual insatisfeita'.

Quizais o que nunca imaxinaría nin a actriz nin a personaxe é que subiría ao palco logo dun confinamento inesperado e cunhas condicións especiais: ocupación reducida, máscaras, distancia... pero, iso si, con máis ganas.
Rarezas que forman parte non tanto deste mundo raro, pero si deste mundo novo. Un mundo que devece por volver, volver a todo. Volve o teatro cunha peza para todos. Música e baile, logo, para unha celebración máis que agardada.


 

 

Noticias web

03/07/2020