Reabre en Lugo a veterana discoteca Hexágono
Publicado o 15/10/2021 15:58
Nervios non, pero si moita ilusión na veterana discoteca luguesa. Reabre e co mesmo cartel que tiña programado para o día que pechou o 14 de marzo.
O establecemento retoma a actividade co modelo de verbena interior en que se especializou nos últimos sete anos, dos 43 que leva funcionando. Volven en plena temporada alta deste tipo de verbenas. Cunha capacidade para 2.000 persoas e con tres pistas de baile, estrea un novo sistema de ventilación que renova o aire en poucos minutos.
Tras o San Froilán segue a festa para potenciar dous sectores moi castigados pola pandemia.