CRTVG

Buscar

Reabre Disneyland París

Publicado o 20/07/2020 21:15


Xa volve funcionar un dos parques de atraccións máis emblemáticos de Europa.  A reapertura de Disneyland París despois de catro meses deixa imaxes tan curiosas coma estas: as dos empregados instando os visitantes a gardar a distancia de seguridade, e a incorporación da máscara a todos os disfraces. Teñen que levala todos os traballadores e os clientes de máis de 11 anos. E hai que mercar as entradas con antelación, porque a afluencia de público está moi limitada.

Noticias web

20/07/2020