CRTVG

Buscar

Restablécese a atención médica no Centro Galego de Bos Aires

Publicado o 12/06/2019 16:04

Despois de meses nunha situación agónica, o Centro Galego de Bos Aires afronta unha nova etapa e así o queren pór de manifesto tanto os representantes dos socios como os novos xerentes, facendo un relanzamento da institución. Como poden ver, portas novamente abertas desta entrada principal do centro, todo un emblema desta esquina en que conflúen as rúas Belgrano e Pasco da capital arxentina.

Autoridades arxentinas, traballadores e socios participaron na reapertura do Centro Galego de Bos Aires, só tres semanas despois de asinado o acordo co Grupo BASA Salud para cederlles a xestión hospitalaria por 30 anos.

Alicia Canga, directora médica xeral do Grupo Basa Salud: "As portas están abertas e xa está todo disposto para que se poidan internar, tanto nas unidades polivalentes como en terapia intensiva. Está disposto o quirófano e están armados os equipos médicos".

O restablecemento da atención médica xera para os socios moita expectación e esperanza, porque hai só uns días vían o centro ao bordo da creba.

Agardan que as 328 camas que ofrece o sanatorio funcionen a pleno rendemento dentro de tres meses.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/06/2019