CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía FDS

Reabre a sede hospitalaria do Centro Galego de Bos Aires

Publicado o 06/08/2016 14:47
Os galegos na Arxentina están de estrea: reabre as súas portas a sede hospitalaria que o Centro Galego de Bos Aires ten en Valentín Alsina, unha das áreas máis poboadas do sur da provincia.

O Centro Galego de Bos Aires quere volver ser a institución médica de referencia para os galegos da Arxentina. Por iso reabre a súa sede de Valentín Alsina, no cinturón urbano bonaerense.

Brindará servizos de cardioloxía, xinecoloxía, enfermaría e clínica médica.

Tamén kinesioloxía e traumatoloxía, entre outras especialidades que se irán sumando co tempo para atender ós preto de 2.500 afiliados galegos que terán atención prioritaria fronte a outros pacientes.

"Hoy es un día de júbilo para nosotros porque estamos anunciando esta reactivación, este relanzamiento del Centro Gallego y estamos todos muy contentos y los gallegos en particular", di Pedro Daniel Pasardi, Director Executivo.

A institución pretende revitalizar tamén a parte cultural.

"Los gallegos están muy entusiasmados con la reactivación del auditorio importante que tenemos, con volver a ver a los conjuntos folclóricos", engade Pasardi.

O proxecto inclúe ciclos culturais e ata unha biblioteca en galego, unha das principais demandas lúdicas dos socios desta delegación.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí