CRTVG

Buscar

Reabre a feira gandeira de Silleda

Publicado o 26/05/2020 16:04

Agardaban atopar máis animais. Pero o regreso do gando a Silleda foi tímido, con pouco máis de 400 animais na poxa, case todos para recría.

Fixeron as súas apostas nas tiras de sempre, pero con máscara e mantendo as distancias de seguridade.

A poxa celebrouse sen público para evitar aglomeracións. Os vendedores puideron seguila desde o teléfono, mediante unha nova aplicación.

O que non cambia é o refrán. "Cada un conta a feira como lle foi". E mentres algúns falaban de que compraron caro, outros marchaban cun sorriso a tomar o primeiro polbo da tempada.

Noticias web

26/05/2020