CRTVG

Buscar

'Árbores de cinza' para reforestar con especies autóctonas os terreos ardidos

Publicado o 24/12/2017 21:33

"Árbores de Cinza" para reforestar con especies autóctonas os terreos ardidos este outono.É un proxecto da Asociación Galicia Ambiental que trata de concienciar a cidadanía do desastre medioambiental dos lumes e tamén da falta de planificación do territorio.

Así o amosan na súa campaña: a cinza é o único que cobre as pedras do monte de Chandebrito desde o mes de outubro pasado. E Chandebrito é só unha mostra dos lumes de cada verán.Esta cinza converteuse xa en proxecto solidario grazas á Asociación Galicia Ambiental. A iniciativa recada doazóns para reforestar con especies autóctonas os terreos calcinados. Cada un de nós pode mercar uns gramos das árbores calcinadas que valerán para plantar unhas novas."

As persoas que colaboran fan unha doazón e reciben no seu domicilio unha bolsa cuns 50 ou 70 gramos de cinza, que teñen unha función fertilizante e fundamentalmente teñen unha función sensibilizadora. Precisamente ese é un dos grandes piares desta campaña, abrir os ollos sobre o que deben ser os nosos montes."As achegas, Chandebrito. E tamén como homenaxe á súa xente, ás catro familias que este Nadal non terán con eles os seus por culpa destes lumes: como nos conta Rafael, que perdeu a súa muller.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/12/2017