CRTVG

Buscar

Raúl López cre que o Obradoiro pelexará nalgún momento por cousas importantes

Publicado o 11/08/2021 16:02

Mentres, o obxectivo é circular con precaución e "non falar de metas"

Di Raúl Lopez, o presidente do Monbus Obradoiro, que nalgún momento o equipo pelexará por cousas importantes. Pero no arranque da pretemporada o obxectivo pasa por circular con precaución esta campaña en ACB, sen a presión de metas e desde a humildade e a seriedade.

"Somos un club humilde pero temos intención de facer algo grande nalgún momento", comentou o presidente.

Monbus Obradoiro inicia a temporada número once na máxima categoría de maneira consecutiva, a décimo segunda en ACB. Polo pronto, paso a paso:

"A Copa do Rei? Falar de metas agora non é bo", concluíu López.

Noticias web

11/08/2021