CRTVG

Buscar

Ratifican 11 anos de prisión por intentar matar a muller cunha tixola en Castrelo do Val

Publicado o 17/06/2020 18:34
Ratifican 11 anos de prisión por intentar matar a muller cunha tixola en Castrelo do Val


O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ratificou unha sentenza da Audiencia Provincial de Ourense que condena a once anos de cárcere a un home por tentar matar a súa muller a golpes cunha tixola de 2017.

Os maxistrados descartaron a petición da defensa tras apuntar que o home "trata de impoñer a versión da caída accidental" e considera que, segundo o médico forense, o testemuño da vítima é "compatible coas lesións que tiña".

O 2 de xaneiro de 2017 nunha casa da localidade ourensá de Castrelo de Val, onde se aloxaba o matrimonio, de nacionalidade portuguesa, de visita á zona, o home agarrou a súa esposa polos pelos, tirouna ao chan boca abaixo e negouse a levala despois ao hospital ata o día seguinte.

Os maxistrados subliñan que nunha inspección ocular realizada na casa, os investigadores constataron pegadas de sangue no mesado da cociña e no corredor, ademais de signos de arrastre da vítima, o que "corrobora a versión da prexudicada, rexeitando a da caída accidental".

 

 

Noticias web

17/06/2020