CRTVG

Buscar

Ratifican a condena a unha nai de Santiago por agredir e insultar unha profesora da filla

Publicado o 27/09/2021 13:17
Ratifican a condena a unha nai de Santiago por agredir e insultar unha profesora da filla

Condenada unha nai de Santiago por agredir e insultar unha profesora. Os feitos remóntanse dous anos atrás, a outubro de 2019. Daquela a docente recibira os pais dunha alumna que lle pediran unha reunión.

Ante a actitude irada e tensa dos proxenitores, a profesora quixo dar por rematada a xuntanza, pero a nai impediullo cortándolle o paso, ameazándoa e chegando a empurrala, o que orixinou que fose denunciada.

Un xuíz de primeira instancia condenouna por senllos delitos leves de ameazas e maltrato de obra, cunha multa global de 540 euros. Agora a Audiencia Provincial acaba de confirmar esa sentenza malia o recurso interposto pola denunciada.

Noticias web

27/09/2021