Ratificada a condena de 8 anos de cárcere para un veciño da Pobra do Caramiñal que tentou matar a ex-parella
Publicado o 16/06/2020 12:20
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia avala o castigo imposto pola Audiencia Provincial da Coruña, ante un intento de homicidio en que non se considerou eximente completa a adicción ao alcol e ás drogas do condenado. Os maxistrados tamén cren que a Audiencia aplicou correctamente a agravante de xénero.
O home non poderá comunicarse coa vítima nin residir no concello de Ribeira, onde esta reside, nun prazo doutros 15 anos.