Rastrexan os contactos do ingresado en Vigo que chegou en autobús desde Madrid
É o primeiro ingreso na UCI en Galicia en case un mes. O paciente entrou directamente polo servizo de urxencias do hospital de Vigo.
Viña de pasar 15 días en Madrid e chegou a Vigo cunha pneumonía en fase avanzada, unha enfermidade da que puido presentar síntomas antes de iniciar a viaxe.
As autoridades sanitarias activaron o protocolo de rastrexo para localizar todos os contactos do paciente, comezando polos que viaxaran con el no autobús. De novo xorde a polémica sobre as condutas que poñen en risco os demais.
Tamén se detectou un novo caso no hospital de Ourense, onde non quedaba ningún hospitalizado por Covid. Trátase dun caso importado, confirmado por PCR, non ten síntomas e o seu ingreso responde a outra patoloxía da que evoluciona favorablemente.