CRTVG

Buscar

Rastrexan o Tambre en Sigüeiro á procura dunha persoa que caeu ao río

Publicado o 11/12/2019 14:45

Efectivos de equipos de urxencias rastrexan o río Tambre ao seu paso por Sigüeiro á procura dunha persoa que caeu ao río. Un dispositivo en que participan gardas civís, policías, bombeiros e membros de Protección Civil despregouse pasadas as dez desta mañá polas dúas beiras do Tambre.

A alerta dérona varias persoas que informaban dun home no leito do río polas proximidades da área recreativa do Refuxio.

Desde a ponte de Sigüeiro partiron os grupos de rastrexo a pé polas dúas marxes do Tambre. Contra o mediodía tamén se incorporou un equipo aéreo desde un helicóptero. Tamén están en camiño efectivos do Grupo Especial de Operacións Subacuáticas, GEAS, da Garda Civil. Polo de agora a busca resultou infrutuosa.

Noticias web

11/12/2019