CRTVG

Buscar

Rapaces do instituto de Fisterra recuperan unha especie propia da costa galega

Publicado o 07/10/2019 14:32

Hoxe é o Día Mundial do Hábital. En Galicia hai 64 tipos de hábitats de interese comunitario, dos cales 13 son considerados como prioritarios. Nun deles hai un proxecto de recuperación dunha planta herbácea propia da costa atlántica galega. Está en Fisterra e denvolvérona rapaces do instituto Fin do Camiño. 

Esa pequena planta é a Alyssum gallaecicum. Non ten nome común porque ata hai pouco non a descubriron como especie propia. Os alumnos e alumnas levan tres anos para reintroducir esta herba considerada vulnerable no Catálogo Galego de Especies Amezadas na dunas da Praia do Mar de Fóra. Primeiro cultivaron sementes no laboratorio.

"Dous tipos de ambientes primeiro no laboratorio, en oscuridade e con luz. En oscuridade foi máis débil, así que foi mellor en luz aínda que tardaba algo máis. Despois vense en dúas tempadas en novembro e en febreiro en dous tipos; en zona de valgada e en alto", di un alumno.

"O alumnado unha vez cada quince días unha vez que as plántulas do laboratorio tiñan un tamaño axeitado viñamos coa cuadrícula, mediamos, valorabamos. Mediamos a temperatura do solo. E despois a maiores o que intenmos ver se a tipoloxía do solo tiña algo que ver entón os alumnos de cuarto da ESO, os máis maiores, fixeron analíticas de solos", relata Virxinia Rodríguez, profesora.

"A través de microrreservas foron quen de íla consolidando, ir facendo seguemento e sobre todo ir investigando para saber que facer dende un futuro que é un traballlo que nós agradecemos", di Ángeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

Nesta iniciativa de conservación tamén o Concello de Fisterra e a Universidade de Santiago.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/10/2019