CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

Rapaces de Lugo coñecen como estaba a muralla romana hai preto de medio século

Publicado o 15/01/2018 14:27

En termos históricos, 50 anos non son moito tempo. E para un monumento milenario como a Muralla de Lugo, son un lixo. Pero iso non quita que dese un cambiazo dende aquela. Había unha chea de edificios adosados a ela, que ocultaban a propia muralla, e mesmo ocupaban parte do seu interior. As fotografías da operación Muralla Limpa permiten coñecer o antes e o despois deste ben declarado Patrimonio da humanidade. E hoxe descubrímolo canda a uns estudantes, que non daban pechado a boca.

Con faciana de sorpresa, e sen perder detalle, escolares de Lugo descobren o aspecto que presentaba a muralla romana hai 45 anos. Naquel entón había 85 edificios adosados ao monumento, e algúns mesmo se situaban dentro dos seus cubos. Todo mudou naquel 1972 coa operación Muralla Limpa, na que foron precisos case dous anos para derrubar estas edificacións.

Esta exposición, con medio centro de fotografías, pretende non só divulgar aquel episodio histórico, senón tamén concienciar os máis cativos da importancia de coidar e respectar o noso patrimonio cultural.

A operación Muralla Limpa supuxo unha transformación radical para todo o centro de Lugo, e foi o primeiro paso para que, co paso do tempo, o monumento fose declarado Patrimonio da humanidade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí