CRTVG

Buscar

Rapaces de Lugo aprenden como funciona un muíño tradicional

Publicado o 07/09/2019 14:41

Muiños coma este de Santa Comba, en Lugo, antes eran habituais na paisaxe galega. Hoxe apenas queda algún en pé, pero hai uns anos eran fundamentais para a vida no campo.

Para que o muíño funcione ten que haber suficiente caudal de auga para que mova o rodicio e faga xirar a moa. Esta dependencia, xunto coa proliferación das fábricas fixo que este tipo de construccións foran esmorecendo. Un grupo de rapaces lucenses vén de coñecer o seu funcionamento.

Unha oportunidade para coñecer tradicións e traballos a piques de desaparecer. Os cativos mesmo entraron en fariña para facer bolos case coma os de antes.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/09/2019

Máis sobre lugo