CRTVG

Buscar

Rapaces de Castroverde elaboran un mural para homenaxear a figura da muller

Publicado o 31/03/2019 22:01

Rapaces de Castroverde participan na elaboración dun mural para decorar o pavillón municipal. A iniciativa serve ademais para homenaxear a figura da muller. 

É a primeira fase dun mural que se pintará ao longo de tres días e que pretende embelecer as paredes do pavillón deportivo, coa colaboración dos rapaces.

Unha vez pintada a parede con cores degradadas, que logo servirán de base para o deseño, comeza o traballo dos cativos. Un traballo creativo que perdurará no tempo e que se fai co esforzo de todos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

31/03/2019