CRTVG

Buscar

Randstad prevé un 24 % máis de contratos este verán en Galicia

Publicado o 07/06/2021 16:42
Randstad prevé un 24 % máis de contratos este verán en Galicia

A campaña estival creará case 30.000 empregos en Galicia, segundo as previsións da empresa de recursos humanos Randstad. É un incremento do 24 % respecto ao ano pasado. E sería o quinto maior avance entres as comunidades, con Castela-A Mancha á cabeza.

En termos globais, o informe prevé a formalización de 438.550 contratos durante o verán en toda España, o que supón un 20,7 % máis ca no 2020. Malia que os niveis de emprego melloran, aínda están lonxe dos anteriores á pandemia.

Noticias web

07/06/2021