Rande soporta un tráfico diario de 57.700 vehículos dende a súa ampliación
Publicado o 10/01/2019 14:30
Despois de trinta meses de obras, a ponte de Rande entraba en funcionamento coa ampliación a seis carrís en xaneiro de 2018. O balance deste primeiro ano sitúa a Rande nunha tendencia a alza con 21 millóns de desplazamentos e unha intensidade media diaria de 57.700 vehículos.
Destacan os datos dos meses de verán, con máis de dous millóns de desplazamentos. En agosto rexistráronse máis de 71.000 vehículos ao día. Fronte a estes datos, os usuarios critican a suba da peaxe que supuxo a ampliación. A ponte de Rande segue a ser o tramo máis utilizado da AP-9.