CRTVG

Buscar

Ramos e Casemiro igualan os dous goles do Bruxas (2-2)

Publicado o 01/10/2019 21:53
Ramos e Casemiro igualan os dous goles do Bruxas (2-2)

A noite non puido empezar peor para os brancos que aos 10 minutos vían como a seguridade defensiva dos últimos partidos voaba polos aires. Ramos quedou pedindo fóra de xogo nunha xogada que deixou un remate tan peculiar que sorprendeu a todo o Bernabeu. O VAR decretou que non había fóra de xogo.

Bonaventure decidiu resolver as suspicacias que había arredor do seu gol. Rouboulle un balón a Modric e plantouse diante de Courtois, xusto antes de rematar tropezou el soíño no que se converteu noutro amago sensacional. Courtois quedou no banco no descanso por mareos e vómitos e Areola tivo que se empregar a fondo ante Bonaventure que no mellor remate que fixo tropezou co porteiro. Foi xusto antes do gol do Madrid. Centro de Benzema e Ramos, aparentemente adiantado remata ao fondo da portería. O VAR confirmou o gol.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí