Ramos despídese do Madrid entre boas palabras e sensación de maltrato
"O tema económico nunca foi un problema comigo. Eu quería dous anos e o club dábame un. Aceptei a oferta coa baixada de salario e dixéronme que xa non hai oferta"
A marcha de Ramos Madrid quedou consumada esta mañá a golpe de insignias, boas palabras e fotografías dun adeus que non pode ocultar por parte do xogador a sensación dun certo maltrato. As palabras, desta volta, din máis que as imaxes.
"O tema económico nunca foi un problema comigo. Eu quería dous anos e o club dábame un. Acepto a oferta coa baixada de salario e comunícaseme que xa non hai oferta".
Ramos aceptou a rebaixa. Ramos cedeu, pero o club abre a porta de saída de par en par e retira a oferta. Quería o Madrid a súa marcha? Utilizou como desculpa os tempos e Ramos facilitou tensando a corda da negociación?
"Descoñezo porque a oferta Ramos ten unha oferta de caducidade. Quizáis non entendín ben, pero ninguén mo comunicou".
As verdadeiras intencións do Madrid na longa negociación quedan, de momento, no segredo de sumario. como tampouco imos saber de inmediato a onde marcha o andaluz.
"A partir de agora buscaremos unha boa opción para min", comentou o ex-capitán, que descarta o Sevilla.
A desenvoltura, o descaro e a esencia combativa do Sergio Ramos futbolista non tivo reflexo na súa comparecencia diante dos medios, onde contou a súa parte da verdade. A outra xa se contará nos libros de historia.