CRTVG

Buscar

Espinar pide unha asemblea urxente para renovar a dirección de Podemos

Publicado o 03/06/2019 19:51

Ramón Espinar deixou os seus cargos e a dirección de Podemos Madrid para non tomar partido por Iglesias ou Errejón cando este último se sumou á plataforma de Manuela Carmena. Agora, desde a tribuna dun xornal, pide abrir un debate interno sobre as causas dos malos resultados nas últimas eleccións. Espinar cre que o partido está roto e que o razoable sería convocar unha asemblea cidadá, un Vistalegre 3 que posibilite a saída de Pablo Iglesias e Irene Montero da dirección.
Non é o único. Kichi, único dos alcaldes de cambio que revalidou o cargo con claridade cre que Iglesias debe asumir responsabilidades polo fracaso electoral. E Podemos Andalucía di que hai que abrir ese debate.

"Nin Kichi nin a dirección de Podemos Andalucía estamos formulando agora mesmo sinalar, cortar cabezas. O que estamos propoñendo é debater sobre as ideas, sobre o que nos trouxo ata aquí e despois que iso teña as consecuencias que teña que ter", dixo Pablo Pérez, voceiro de Podemos Andalucía.

A dirección estatal de Podemos quítalles importancia ás críticas e di que a prioridade son as negociacións co PSOE. Pero Iglesias convocou para o sábado o Consello Cidadán Estatal para abordar o ocorrido o 26 de maio.

 

 



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/06/2019