CRTVG

Buscar

Ramón Cernadas, recuperado do andazo de coronavirus de Feáns, manda unha mensaxe de ánimo

Publicado o 31/03/2020 16:59

Era unha das primeiras imaxes que a pandemia do coronavirus deixaba na nosa comunidade. A desinfección do centro civico de Feáns, onde se detectaran cinco casos positivos. Un deles é Ramón Cernadas, que pasou quince días illado nunha habitación do Complexo hospitalario da Coruña.

Ademais dos apoios de familia e amigos, Ramón tamén quere destacar o labor do persoal sanitario. Non ten palabras para a profesionalidade e a humanidade de todos eles.

Fronte á enfermidade, só pode apuntar unha receita.

Un exemplo de valentía neste tempo de dificultades.

Noticias web

31/03/2020