CRTVG

Buscar

Ramón Carballo: "Os lucenses fixeron unha clara sanción ao labor do Goberno socialista en Lugo"

Publicado o 10/06/2019 10:12

No Bos días, Fran López Iglesias entrevista a Ramón Carballo, candidato do PP á alcaldía de Lugo, sobre as roldas de contactos para formar goberno. En Lugo, o PP non vai poder gobernar malia ser a lista máis votada, con 10 concelleiros, pero a maioría absoluta está en Lugo en 13 concelleiros.

"Os lucenses fixeron unha clara sanción ao labor do Goberno socialista en Lugo. Cuns resultados como os que se deron, en que a cidadanía penalizou o Goberno de Lara Méndez, 6 puntos por debaixo dos votos obtidos polo PP nas eleccións municipais, nós estariamos de acordo cunha segunda volta das eleccións. Os lucenses non entenden como gañando as eleccións non podemos gobernar".

"Nós somos partidarios de que goberne a lista máis votada ou, senón, que haxa unha segunda volta. Somos partidarios de modificar a lei electoral para que goberne a lista máis votada", asegura Ramón Carballo.

"Se non hai un acordo de goberno entre o BNG e o Partido Socialista, un acordo claro e transparente que sexa coñecido polos lucenses, pois nós como líderes da lista máis votada estamos dispostos a gobernar o concello de Lugo e poñer en marcha o modelo de cidade que explicamos durante a campaña electoral", afirma o candidato dos populares en Lugo.



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/06/2019