CRTVG

Buscar

Ramón Carballo, elixido novo presidente do PP de Lugo

Publicado o 27/05/2017 09:51

O obxectivo dos populares é gañar a alcaldía da cidade de Lugo nas eleccións de 2019. Alberto Núñez Feijóo apelou á unidade como a mellor ferramenta e marcou as diferenzas entre populares e socialistas

O Partido popular de Lugo inicia unha nova etapa tras o congreso local que se clausuraba onte á noite.  No conclave foi elixido presidente Ramón Carballo, que encabeza a única candidatura que se presentaba. O obxectivo dos populares é gañar a alcaldía da cidade de Lugo nas eleccións de 2019. Alberto Núñez Feijóo apelou á unidade como a mellor ferramenta e marcou as diferenzas entre populares e socialistas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/05/2017