CRTVG

Buscar

A Revista

Ramiro Rodríguez, o lugués que revolucionou a cociña arxentina

Publicado o 26/07/2016 13:29

Ramiro Rodríguez Pardo é un dos mellores cociñeiros da Arxentina, considerado como un dos anovadores da alta cociña patagónica. É un apaixonado da gastronomía do mar que gañou premios culinarios mundiais e agora dirixe máis dunha trintena de restaurantes en América, sen esquecer as súas raíces galegas das que aínda conserva o seu prato estrela.

Ramiro Rodríguez Pardo é un galego de referencia na cociña internacional.
Tras colgar a sotana chegou a Bos aires e, axudado por un tío, pasou de traballar nun clásico mesón español a ter o seu propio imperio da papa frita.

Logo virían máis dunha trintena de restaurantes de deseño e alta cociña na Arxentina e no Brasil, cun estilo culinario que, asegura, foi evolucionando co tempo, pero que non esquece Galicia.

Ramiro Rodríguez Pardo, cociñeiro: "Estiven hai un ano apenas e vin que había 9 o 10 Estrelas Michelín en Galicia e púxenme moi contento. Fun comer a algúns deles e realmente están ao nivel europeo de calquera capital".

Sempre á vangarda, conquistou mundiais gastronómicos como o de Singapur, o Five Stars Diamond Award da Academia dos Estados Unidos e rexentar os considerados como mellores restaurantes de Latinoamérica.

Pero se de algo está orgulloso é do seu pulpo.

Ramiro Rodríguez Pardom, cociñeiro: "O meu polbo é famoso hoxe en Bos Aires. Se lle preguntas á xente quen fai o mellor polbo de Bos Aires vanche dicir: Ramiro Rodríguez Pardo".

Polas súas mesas pasaron as máis altas autoridades do mundo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

A Revista

26/07/2016