Ramilo lembra na TVG o Dakar: "O meu copiloto podía facer de cómico no Land Róber"
Publicado o 31/01/2021 12:40
Ricardo Ramilo pasou polo programa de motor da Televisión de Galicia para lembrar o último Dakar. Confesou que xa tivo ganas de cambialo antes de ir a Arabia. Logo acusouno de trucar o coche coa complicidade do preparador porque "tiña medo" de ir a moita velocidade. Finalmente deixou outra perla asegurando que "máis que un copiloto podía facer de cómico no Land Róber".