CRTVG

Buscar

Todo listo para o comezo do Dakar no Perú, onde vai correr o galego Diego Vallejo

Publicado o 02/01/2019 10:58

Xa está todo listo para que comezar o rally Dakar. Máis de 5.500 quilómetros, repartidos en 10 etapas, e cun 70% do percorrido enriba da area, das temibles dunas do deserto.

Por primeira vez, o rally Dakar disputarase nun único país, será no Perú. Do país andino tomarán a saída 534 valentes de 61 nacionalidades diferentes. O Dakar porase en marcha o próximo 6 de xaneiro desde Lima. Un Dakar esixente polo terreo, duro polas condicións e que vai requirir dos pilotos unha boa preparación física.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/01/2019