CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Rajoy volve verse con Macri no último día da súa viaxe á Arxentina

Publicado o 11/04/2018 21:27


O presidente do Goberno continúa a súa viaxe oficial na Arxentina, onde asegurou que, a que cualificou como nova e frutífera etapa nas relacións bilaterais, deixará importantes réditos económicos nos dous países.



Neste segundo e derradeiro día do presidente Mariano Rajoy na Arxentina, o mandatario volveu coincidir co seu homólogo local, Mauricio Macri, a quen gabou pola insercio intelixente que está a facer do país suramericano no mundo. E convidouno tamén a que ambas nacións vaian da man e se proxecten conxuntamente na esfera internacional.

Nunha conferencia sobre política exterior española en Latinoamérica, o xefe do Goberno confirmou que existe un crecente interese das empresas españolas por investir na Arxentina.
"Os réditos económicos que nos pode ofrecer esta relación renovada son indubidables", di Mariano Rajoy.

Un punto clave para que o Goberno macrista, a través de licitacións de participación público-privada, incentive obras en infraestructura.

Por outra banda, Rajoy alertou dos riscos da proliferación de movementos nacionalistas e populistas, que pechan fronteira e pediu que no vindeiro cumio de líderes do G20 que se celebrará en Bos Aires se poña o foco nas necesidades da xente.

"Paréceme moi oportuno, en tempos como os que atravesamos, nos que algúns parecen empeñados en antepoñer mitos nacionalistas e ideas populistas trasnoitadas e vellas, ás necesidades reais da xente", asegura Mariano Rajoy.

Cunha reunión cos presidentes do Senado e da Cámara de Deputados, Rajoy finalizou a axenda oficial no país.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

11/04/2018