CRTVG

Buscar

Rajoy rexeita as acusacións de corrupción e compara a Iglesias con Torquemada

Publicado o 07/02/2018 15:02

 

A situación de Cataluña foi un dos focos de interese na primeira sesión de control ao Executivo do novo período de sesións. A vicepresidenta pediulle a Esquerra que facilite un goberno "efectivo" e "legal" na Generalitat. E Mariano Rajoy asegurou que non se destinou "nin un euro" do FLA a financiar o referendo ilegal, en resposta a unha pregunta do líder de Ciudadanos que motivou unha tirapuxa entrambos.

O líder de Podemos preguntoulle ao presidente do Goberno polas acusacións de corrupción ás que se enfronta o Partido Popular. Rajoy respondeulle que son casos de hai unha década, e acusou a Iglesias de actuar peor que Torquemada.

Noticias web

07/02/2018