CRTVG

Buscar

Mariano Rajoy reúnese con Mauricio Macri na súa primeira viaxe oficial á Arxentina

Publicado o 10/04/2018 21:35

Mariano Rajoy xa se reuniu co presidente Mauricio Macri na súa primeira viaxe oficial á Arxentina. Durante o encontro ambos apostaron por reforzar o comercio bilateral e evidenciaron o seu desexo dun pronto acordo Unión Europea - Mercosur. 

A visita de Mariano Rajoy á Arxentina está a deixar boa mostra da "plena sintonía" existente entre os dous gobernos, e tamén un importante respaldo de España para impulsar esa choiva de investimentos que precisa Mauricio Macri e que estes días se centra en captar ao empresariado español. 

A Arxentina está no bo camiño para Rajoy, e "confiable" foi un dos termos que máis empregou para definila durante unha xornada que o presidente calificou de "moi proveitosa". 

Na súa primeira visita oficial Á Arxentina como presidente Rajoy inaugurou xunto ao seu homólogo suramericano un foro empresarial hispano-arxentino no que o xefe do Goberno animou a Macri a continuar coas reformas "valentes" e "difíciles" que implementou para consolidar o crecemento económico.

Pola súa banda, Macri dixo que segue na súa xestión o rumbo de España, a quen ve como un exemplo de apertura ao mundo.

Ambos desexaron a sinatura canto antes do agardado acordo comercial entre a Unión Europea e o Mercosur, despois de 17 anos de negociacións.  

A crise de Venezuela centrou parte tamén da reunión, cun desexo compartido.Que Maduro lle devolva a palabra aos venezolanos en liberdade, sen ameazas. 

 

Noticias web

10/04/2018