CRTVG

Buscar

Rajoy e Aznar participarán na convención nacional do PP

Publicado o 14/01/2019 19:30

Mariano Rajoy e José María Aznar van acudir á Convención Nacional do PP que arranca este venres en Madrid. O dous ex-presidentes do Goberno e da formación van intervir no encontro. O que aínda non está confirmado e se Rajoy e Aznar van coincidir nesta cita.

O Partido Popular elaborará nesta convención un documento político que será a base para os programas electorais dos comicios mucipais e autonómicos de maio. O presidente dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, inaugurará o conclave e o líder nacional, Pablo Casado, será quen o peche.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/01/2019