CRTVG

Buscar

Rajoy incide en que nunca negociou coa Generalitat unha cesión da soberanía nacional

Publicado o 28/02/2019 07:34

O lehendakari Íñigo Urkullu, o ex-ministro do Interior Juan Ignacio Zoido e a alcaldesa de Barcelona, Ada Colau, están entre as testemuñas citadas para hoxe

Sáez de Santamaría sostén que houbo violencia no procés


O ex-presidente do Goberno abriu a quenda de testemuñas na sesión vespertina do xuízo do procés. Mariano Rajoy incidiu en varias ocasións en que nunca negociou coa Generalitat unha cesión da soberanía nacional.

Mariano Rajoy deixoulle claro, primeiro a Artur Mas e despois a Puigdemont, que non ía negociar un referendo de independencia. Defendeu a aplicación do 155 no canto doutras fórmulas para evitar que a intervención de Cataluña afectase os dereitos dos cidadáns. E lamentou Rajoy que houbera violencia o 1 de outubro, pero cargou toda a responsabilidade nos convocantes da consulta. Tras Rajoy declarou Montoro, que dixo que o referendo non se podía celebrar porque non había presuposto ao estaren as contas da Generalitat intervidas.

O ex-presidente do Goberno iniciou a súa declaración como testemuña no xuízo do procés afirmando que nas súas conversas coa Generalitat sempre deixou claro que non negociaría un referendo de independencia.

Asegurou Rajoy que foron moitos os que quixeron intermediar entre a Generalitat e o Goberno e que recibiu ou falou con todo o mundo. E mantén que non houbo referendo o 1 de outubro. Rajoy lamenta as imaxes de violencia, pero responsabiliza os convocantes.

A seguinte testemuña en declarar foi o ex-ministro de Facenda. Montoro di que o referendo non se podía facer porque as contas da Generalitat estaban intervidas.

Previamente, Rajoy recoñecera que non se pode descartar que a Generalitat ocultase partidas para facer a consulta.











 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/02/2019