CRTVG

Buscar

Rajoy considera "inhabilitados politicamente" a Puigdemont e a Junqueras

Publicado o 15/11/2017 09:16

Mariano Rajoy considera "inhabilitados politicamente" a Carles Puigdemont e a Oriol Junqueras. O xefe do executivo cre que as últimas declaracións dos ex-dirixentes cataláns supoñen un recoñecemento dun engano. Rajoy confía en que a victoria dos partidos constitucionalistas nas eleccións de decembro permita revisar á alza as previsións económicas.

Mariano Rajoy espera de Carles Puigdemont unha campaña electoral vitimista, pero cre que pode volverse contra el porque a xente está farta de parvadas. Ve nas últimas declaracións dos ex-dirixentes cataláns o recoñecemento dun engano.

Rajoy denuncia un esforzo organizado desde o estranxeiro para difundir mentiras tras o referendo do un de outubro, pero non sinala ningún goberno.

O presidente do Goberno discrepa de José María Aznar. Non cre que unha vitoria dos independentistas o 21 de decembro deixe a situación peor do que estaba.

Sobre o panorama postelectoral, Rajoy está seguro de que o PSC non entrará en pactos que poñan en dúbida a soberanía nacional e confía en revisar á alza as previsións de crecemento económico se os independentistas non volven á Generalitat.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/11/2017