CRTVG

Buscar

Rajoy cre que Puigdemont e Junqueras deberían estar "inhabilitados" por "mentir"

Publicado o 14/11/2017 14:22

Mariano Rajoy cre que as últimas declaracións de Carles Puigdemont confirman as "grandes mentiras" do proceso independentista, e sinala que tanto o ex-presidente catalán como Oriol Junqueras están "inhabilitados politicamente". O xefe do Executivo confía en que as eleccións devolvan a normalidade a Cataluña, o que suporía, dixo, unha mellora significativa na previsión económica.

O presidente do Goberno cre que nas últimas horas os dirixentes soberanistas recoñeceron as grandes mentiras do 'proceso', algo que, na súa opinión, os inhabilita politicamente.

Dúas semanas despois da aplicación do 155, Rajoy agarda que as eleccións devolvan a normalidade a Cataluña, o que se traduciría, dixo, nunha mellora de máis de cinco décimas na previsión de crecemento para o ano que vén. O presidente espera que gañen os non independentistas, e non dubida da lealdade constitucional do PSC.

Unha hipotética vitoria independentista, dixo Rajoy, non suporía a prórroga inmediata do 155 nin tampouco un adianto electoral en España. A intención do xefe do Executivo é que a lexislatura dure catro anos, e mesmo abre a porta a presentarse á reelección.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/11/2017