CRTVG

Buscar

Expectación en Vilagarcía para coñecer o Rainbow Warrior III de Greenpeace

Publicado o 28/07/2019 12:06

Ás nove desta noite péchase a xornada de portas abertas

O Rainbow Warrior III de Greenpeace está a espertar verdadeira espectación en Vilagarcía de Arousa. Dende que atracou no porto este sábado, formáronse longas ringleiras para subir a bordo. A organización ecoloxista asegura que se están a superar as cifras de visita de Barcelona e Málaga, as outras dúas escalas españolas do seu tour europeo 'En marcha polo clima'. A xornada de portas abertas continuará esta tarde, ata as nove da noite.

O destino era Vigo pero, ao final, atracou este sábado en Vilagarcía de Arousa. Dende entón, máis dun milleiro de persoas subiron a bordo. Con case 58 metros de eslora, pode superar os 12 nós só coa forza do vento. É o terceiro barco con este nome, o herdeiro dunha saga que leva décadas actuando polo mundo na defensa do planeta.

TOTAL Juande Fernández/responsable de mobilización de Greenpeace

Vilagarcía será a derradeira parada en España da súa singradura europea "En marcha polo clima". Comezou no mes de xuño en Rumaría e xa pasou por oito países e catorce portos.

TOTAIS XENTE

En cada escala, ademais das visitas guiadas, grupos de voluntariado ofrecen charlas e obradoiros ambientais.

TOTAL Juande Fernández/responsable de mobilización de Greenpeace

Antes de abandonar a ría, vai facer parada na illa de Arousa que participa nun proxecto europeo de enerxías limpas. Despois, continuará viaxe rumbo a Francia para seguir transmitindo a súa mensaxe de loita contra o cambio climático.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/07/2019