CRTVG

Buscar

Rafinha volve á casa: "Aquí vou dar o mellor de min e vou ser feliz"

Publicado o 05/09/2019 21:55

Rafinha é un home feliz. Despois de seis temporadas no Barça, volve cedido ao Celta. Confía en conseguir a continuidade que lle faltou en Barcelona nos últimos anos. Rafinha luciu a camisola celeste co seu número favorito, o 12, día do seu nacemento. O mesmo dorsal que empezou a usar en Vigo hai seis anos e do que non se desprendeu. Todo ante un Balaídos ateigado.

Asegura que vén decidido a esforzarse, dar o seu máximo e ser un xogador importante. Pero o máis feliz en Vigo, máis incluso que Rafinha, foi outro home, o presidente. Bicos e apertas non faltaron.

Rafinha volve ao Celta porque "creo que vou ser feliz, dar o mellor de min mesmo e ter a continuidade que me falta se me esforzo". O hispano brasileiro asegurou que é "un futbolista máis maduro que o que xogou no Celta hai seis anos" e que, polo tanto, está disposto a "asumir máis responsabilidades".

Rafinha contou que viu o comezo de liga do Celta, que lle gustou a maneira de xogar e que ese foi "un motivo máis para volver a Vigo". Como última peza da 'operación retorno', que é como denomina o club o seu plan de recuperar e reunir os mellores canteiráns, Rafinha recoñece que "é ilusionante" e que está desexando participar e facer gozar a afección".




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/09/2019