CRTVG

Buscar

Rafinha recibiu a alta médica e entrou na convocatoria contra o Valladolid

Publicado o 28/11/2019 21:29

A idea era que o adestramento da véspera tamén tivese lugar en Balaídos, pero chovendo así Óscar García preferiu preservar o céspede. 

"O campo non está como queremos. Se non roda o balón pode condicionar, si".

Rafinha, coa alta médica, entra na convocatoria. Pero conseguir un oco no once titular non vai ser doado para ninguén. 

"Ter un once fixo é contraproducente", di Óscar García.

Contra o Valladolid, o Celta busca a segunda vitoria consecutiva.

"Vannos facer correr. Confío no equipo porque está adestrándose ben. Hai que seguir consolidando o traballo feito".

Na portería volverá estar Sergio e o meta do filial, Fran Vieites, no banco de suplentes.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/11/2019